MARCHA NORDICA: RETOMAMOS
Con todas medidas necesarias para este tempos e coa cobertura dos procedementos COVID da Federación Galega de Montañismo, facemos un calendario para os dous vindeiros meses, da man do noso compañeiro Gerardo (Kapitrek). Todas as semanas, unha horiña pola contorna urbana de Ferrol coa idea de que, a medida que vaia consolidando, facer cousas máis interesantes fóra da cidade.
- AS SESIÓNS SERÁN DE 1 HORA DE DURACIÓN.
- A ORGANIZACIÓN DISPORÁ DE BASTÓNS PARA EMPRESTAR A QUEN NON TEÑA (TEMOS 10 PARES DE BASTÓNS).
- AQUELES QUE TEÑAN BASTÓNS, PODERÁN PARTICIPAR FÓRA DESE LÍMITE.
- OS PRIMEIROS 15 MINUTOS SERÁN DE EXPLICACIÓN DA ESPECIALIDADE.
- EN TODO MOMENTO TERANSE EN CONTA AS PRECAUCIÓNS COVID-19.
- SOCI@S DE BALDE – CONVIDADOS 3€.
- IMPRESCINDIBLE INSCRIBIRSE (INDICANDO SE PRECISA BASTÓNS EN EMPRÉSTITO).
CALENDARIO OUTUBRO (ÁS 20.00 HORAS)
- Día 8: AVV A Cabana
- Día 15: Conservatorio de Caranza
- Día 22: Xardíns da “ranita” (Porto de Ferrol)
- Día 29: Aparcadoiro Lidl (A Gándara)
CALENDARIO NOVEMBRO (ÁS 20.00 HORAS)
- Día 5: AVV A Cabana
- Día 12: Conservatorio de Caranza
- Día 19: Xardíns da “ranita” (Porto de Ferrol)
- Día 26: Aparcadoiro Lidl (A Gándara)