ActividadesNoticiasSendeirismo

ANDAINA POLAS TERRAS ALTAS DE CABANAS: ENTRE CASTREXOS E FUXIDOS

Despois da actividade do pasado domingo de Cedeira, a primeira desta “nova normalidade” e tendo en conta a normativa COVID vixente, propoñemosvos para o próximo domingo 27 de setembro unha Andaina polas Terras Altas de Cabanas (entre castrexos e fuxidos).
Esta ruta nace a finais do verán de 2019 cando retomamos a idea de facer un percorrido circular polas terras altas do concello de Cabanas. A parroquia de Regoela ten carga histórica (Couto da Regoela, do s. XVI); o Pico do Castro xa fora obxecto de interese do Club Montaña Ferrol, desenvolvendo para o concello alá polos anos 90 o trazado do PRG45, roteiro malogrado pola falla de mantemento.
Unir o Pico do Castro con Regoela pasando por Santa Cruz foi a idea inicial; engadimos Soaserra para pechar un percorrido circular colmado de lugares de interese patrimonial, entre castros e mámoas, muiños e capelas, e panoramas impresionantes das rías… E para rematar todos estes atractivos, un cachiño da nosa historia agachada: os fuxidos, represaliados e guerrilla antifranquista que buscou acubillo nestas parroquias veciñas do río Eume.
  • Hora de saída: 10.00h
  • Lugar de saída: Polideportivo de Lavandeira  https://goo.gl/maps/Frh3JKZzB3U2XQ6D8
  • Hora de chegada aproximada: 16.00h, cada quen ten que levar a súa comida, xa que haberá parada para comer polo camiño.
IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN PREVIA Derradeiro día de inscripción: 23/09/2020*
*Os soci@s terán prioridade na inscrición ata o 21 de setembro. Os federados poden inscribirse ata que non queden prazas. Os non federados deberán aboar 2€ en concepto de seguro de actividade. Os participantes convidados por soci@s deberán aboar 3€.
OLLO! MANTÉN SEMPRE AS MEDIDAS ANTI-COVID:
  • Non pode participar quen teña síntomas compatibles co COVID.
  • Os desprazamentos serán en vehículos particulares, baixo a responsabilidade de cada quen.
  • Dado que é unha practica deportiva individual, o uso da uso da máscara facial é obrigatorio na saída e na chegada, tamén nas paradas intermedias, o resto do tempo debemos manter unha distancia de 2 metros.
  • Débese camiñar cos mais achegados e tentar reducir as interaccións co resto do grupo (efecto burbulla).
  • Baixo ningún concepto pódese compartir material, comida ou bebida.