MEDIDAS DO CLUB DE MONTAÑA FERROL ANTE A PANDEMIA COVID-19
Estimad@s Soci@s
Ante a actual situación de emerxencia sanitaria, por responsabilidade social e de xeito preventivo o club xa suspendeu desde o pasado venres as actividades previstas.
Agora, e seguindo as recomendacións das autoridades, decidimos o peche do local desde o luns 16 de marzo e até novo aviso. De calquera xeito, se algún socio ou socia precisa algunha cousa do Club será atendido a través do correo electrónico da Secretaría.
Calquera novidade será anunciada no sitio web do clube a nas súas redes sociais. Agradecemos a vosa comprensión e colaboración.
A continuación deixámosvos os enlaces aos sitios con información oficial sobre o COVID-19:
Para seguir as novidades sobre esta crise no noso ámbito deportivo, seguide os sitios oficiais da Federación Galega de Montañismo e a Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada.