LIMIACTIVA DE ORIENTACIÓN : AÍ ESTAMOS!
Esta fin de semana, o Club de Montaña Ferrol volveu estar representado polos nosos orientadores, que está vez desprazáronse ata A Sainza, en Ourense, para disputar o VI TROFEO LIMIACTIVA DE ORIENTACIÓN A PÉ, 6ª proba da liga Galega de Orientación a pé.
A mañá comezaba cunha lixeira néboa e unha temperatura máis agradable para os corredores que para os espectadores. O Club de Montaña Ferrol estivo representado por Antonio G. Couce, Antonio L. Peiteado, Adrián López e Silvia López. O terreo, completamente chairo, permitiu unha boa velocidade de carreira, aínda que había zonas labirínticas onde foi necesario extremar a atención na lectura do mapa. Destacou unha nutrida presenza de orientadores portugueses, xa que a proba formaba parte tamén da liga interrexional Galicia-Norte de Portugal.
As clasificacións pecháronse con Antonio L. Peiteado, en Masculino 50, e Silvia López, en Feminino 12, subindo ao terceiro caixón do pódium. Pola súa banda, Adrián López alcanzou a 6ª posición de Masculino 14 e Antonio G. Couce conseguiu a 10ª posición de Masculino 50. Parabéns a tod@s eles!