MINIGUÍA DE ESCALADA EN IGREXAFEITA
Unha nova edición actualizada da guía de escalada nas Penas do Rei Mouro e Montes do Carazo, en San Sadurniño, que elaborou o noso compañeiro Luis. Comprende 6 sectores e máis de 30 vías con alturas entre 9 e 15 metros en rocha cuarcita con numerosos agarres e fisuras e case sempre seca. As rochas dominan unha fermosa paraxe con impresionantes vistas sobre o val do Xuvia.
Advertencia: a práctica da escalada é unha actividade potencialmente perigosa que require formación e equipamento técnico e de seguridade adecuado.