ActividadesAulas VerdesNaturezaNoticias

5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Como todos os anos trasladamos ás Administracións unha proposta co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente. Hai unha planta que ven de Sudáfrica que nos está a comer todo Brión e todo Montefaro alén doutras zonas da nosa Costa Ártabra sen que ninguén faga nada:  O Helichrysum petiolare.

Por iso dirixímonos a todos os concellos da ría para que se movan… anque só sexa un pouquiño.