ActividadesMarcha NórdicaNoticiasSendeirismo

O DOMINGO 26: ANTES DE VOTAR IMOS CAMIÑAR

Este domingo 26 hai eleccións, como moita xente está pendente de se ten que ir de mesa, ou que ten que ir a votar, ou que non… pois no canto de facer o Camiño dos Arrieiros que tiñamos marcada no calendario como actividade para todo o día, a substituiremos por unha actividade de mañá e máis perto, polas terras de Bezoucos, e máis concretamente desde a praia de Chanteiro en Ares.

Son dúas propostas: Unha de Marcha Nórdica e outra de Sendeirismo. Para aqueles que queirades probar coa marcha nórdica e non teñades os bastóns específicos para esta actividade, teremos un briefing ás 10.00 para dar instrucións básicas sobre a progresión con bastóns. E xa ás 10.30 sairemos tod@s, un grupo cos bastóns e outro sen eles.

O punto de encontro é ás 10.30 horas no aparcadoiro da praia de Chanteiro, e o percorrido será por Montefaro, A Redonda, A Palma, O Segaño, e volta a Chanteiro.

É imprescindible inscribirse na actividade, temos un número limitado de bastóns para prestar, quen precise deles ten que indicalo no momento de apuntarse.