ActividadesNoticias

ANCARES PERFECTO, E AGORA: COSTA ÁRTABRA

O fin de semana foi perfecto para os dous grupos que estaban en Ancares.

O da Travesía cumpriu obxectivos, e o grupo que subiu o Cuíña tamén, e xa de paso Penalonga  e algún -a maiores- o Mostellar, cun espectacular tempo e algo de neve para contrastar as fotos (galería no Facebook do club).

E agora xa a abrir esta semana a inscrición para eses 50 km da Costa Ártabra que temos xa completamente remarcada.

No medio ese día de eleccións o 26 de maio, no que tiñamos previsto ir aos Arrieiros, actividade que trocaremos por unha máis local para que dea tempo a quen queira ir cumprir co deber cívico de depositar o voto.