O XABARINS – MONTAÑA FERROL 3º NA LIGA GALEGA DE RAIDS
Remata a liga co campionato Galego de Raids onde o Montaña Ferrol paradóxicamente, queda descualificado deixando o “Pavillón no máis alto”
Esta fin de semana tiña lugar o campionato Galego de Raids aprazado días antes por falta de permisos. O club de BUDIÑO, do sur de Galicia, organizaba en O Rosal e Tomiño, montando un Raid Lineal, a priori, polos datos que daba a organización, alcanzable para a maioría dos equipos. Con todo, a dureza do tempo, fixo que se convertese nun inferno húmido e mollado. Os nosos compañeiros do Xabarins xa posicionados nun 3º posto da liga xa asegurado, ían coa intención de subir postos como así foi ao cabo. Elena, Antonio e Óscar, xa fixos como compoñentes deste equipo desprazábanse co orgullo anticipado de ser o único equipo que se mantivo toda a liga co mesmos compoñentes.
Desde o comezo, na primeira sección de trekking puxéronse 2º, e así seguirían despois das probas especiais de Yumar, rappel e escalada que se realizaron na fortaleza, a continuación, Elena e Óscar metíanse nun kaiak pola desembocadura do río Miño, nun día en grao sumo desapracible e con ventos que superaban o 50 km/ h…..1 hora despois desembarcaban para facer un treking que os levou á praza de O Rosal e saír, xunto con Antonio para unha BTT de máis de 1000 m de desnivel. Aquí os nosos compañeiros do Xabarins tiveron un erro de estratexia ó creer que a sección era Lineal, e xunto co Kaiak eran as dúas seccións SCORE da contenda, onde as balizas podíanse coller sen orde prestabrecido. Isto relegou ao Xabarins ao 3º posto da xeral, pero mantendo igualmente as aspiracións debido a que o equipo que ocupaba o 2º posto agora (o ARAMON resiliencia) era un equipo Masculino que non contabiliza para a liga nin para o campionato Galego….sen perder o ánimo, e no momento de peor temporal do día, Elena e Antonio tiñan que saír a un trekking polas partes altas de Tomiño con xistra e unha sensación térmica de 8 graos. Elena colleu as rendas do equipo e salvou a sección deixando unicamente dúas balizas, e botábase a noite encima….a partir de aquí empezan os problemas, os tempos eran xustos e o Xabarins tenta chegar directamente a Meta para non quedar descualificados….Coa choiva intensa, de noite e o mapa practicamente esnaquizado, (non eran resistentes á auga) provocou que os nosos compañeiros tivesen que progresar a rumbo de compás ata chegar a Tomiño practicamente a cegas.
Finalmente o Xabaríns, 3º da xeral e 2º do campionato galego, foron chamados ao pódium, pero os nosos compañeiros habendo chequeado a plataforma GPS Tracktherace, informan á organización e ao xuíz controlador que progresaran por estrada prohibida e saltándose un paso obrigatorio, o que provocaba o seu Autodescalificación, pero levándose un premio máis importante, o recoñecemento do resto dos equipos.
Finalmente o XABARINS consegue o 3º posto na liga Galega de Aventura e pecha un ano fantástico, cheo de títulos, como o subcampeonato de España de Raids e o Campionato Galego de rogaine.
Parabén XABARINS!!!!