ActividadesNoticiasSendeirismo patrimonial

SENDEIRISMO PATRIMONIAL: MARXE NORTE DA RÍA DE FERROL

Para o domingo 2 de decembro propoñemos un percorrido interpretativo patrimonial pola marxe norte da ría de Ferrol. A idea é facer un percorrido polos altos de Brión e as  inmediacións dalgunhas das Defensas Costeiras da Ría de Ferrol:  Castelo de San Felipe, baterías de San Carlos, San Cristobo, Cariño… da man dos nosos expertos en patrimonio de cabeceira, Mónica e Emilio.

  • É imprescindible inscribirse previamente
  • Prazas: 25 participantes. En principio só para soci@s e acompañantes
  • Hora de saída: 10.00h
  • Lugar de saída: Castelo de San Felipe
  • Límite de inscricións: venres 30 de novembro ou cando se esgoten as prazas

O percorrido é de carácter pedagóxico patrimonial e interpretativo, é dicir, a baixo ritmo e con paradas interpretativas. Distancia: 11 km aproximadamente.