O CMF NO TRAIL DAS BESTAS
Esta finde celebrouse o II Trail das Bestas no Concello de Muras. O noso compañeiro Óscar Fernández Otero coas cores do Montaña Ferrol acadou o terceiro posto na xeral do maratón masculino (1º da categoría senior) tras Fernando Arca e Adolfo Garrido.
Máis de 42 kilómetros dunha proba dura pola Serra do Xistral, na que se pasa de percorrer as beiras do Eume a pasar polo alto da Gañidoira en condicións extremas na cota dos 1.000 metros con moito frío, auganeve e ventos superiores aos 50 km/h co apoio constante das persoas da organización.
En definitiva unha proba tan dura –coas condicións típicas desta estación de outono na zona– como fermosa é a contorna do Xistral. No sitio web do Concello de Muras podedes ler a crónica da proba.
Moitos parabéns Óscar!!!