ActividadesNoticiasSendeirismo

11 NOVEMBRO SENDEIRISMO: DE GOENTE Á DESEMBOCADURA DO EUME

Para este domingo 11 de novembro temos preparada unha ruta de sendeirismo polo parque natural das Fragas do Eume. Saíndo desde O Gallel, en Goente, pasando polo miradoiro sobre o Canón do Eume en Teixido, pasando pola central de Ventureira e Caaveiro, e rematando en Eirís, no Concello de Cabanas.

Son arredor de 20 km de dificultade/esforzo medio. Ollo, inscricións até o mércores 7 de novembro (até o 9 para federad@s se quedan prazas).

Podedes consultar en Wikiloc o track do percorrido proposto:

https://gl.wikiloc.com/rutas-senderismo/eume-gallel-eiris-15179890

Ficha da actividade: