ActividadesMarcha NórdicaNoticias

ACTIVIDADES DE MARCHA NÓRDICA PARA ESTE TRIMESTRE

Dentro da dinámica iniciada pola FEDME e a Federación Galega de Montañismo para a difusión desta modalidade, o Club de Montaña Ferrol programa 6 actividades de Marcha Nórdica (marcha con bastóns) para este derradeiro trimestre de 2018.

Tres das actividades terán o carácter de Iniciación á Marcha Nórdica, e as outras tres xa serán marchas. O vindeiro ano celébrase n’A Coruña unha das probas do Campionato de España, versión competitiva desta modalidade, pero de momento en Ferrol só imos desenvolver actividades non competitivas.

A marcha con bastóns comezou nos países nórdicos como alternativa estival ao adestramento do esquí de fondo, pero pasiño a pasiño foi tomando popularidade.

A nivel internacional está coordinada pola INWA (International Nordic Walking Association). Para desenvolver estas actividades contamos coa colaboración da monitora por esta federación internacional e fisioterapeuta Alba Graña, que estará á fronte tanto das xornadas de iniciación como das marchas. O Club engade esta actividade dentro do convenio co Concello de Ferrol para o desenvolvemento de actividades de sendeirismo.

Calendario de xornadas de iniciación e marchas

A primeira delas será o venres 26 de outubro ás 20.00 en A Malata, a seguinte o día 2 de novembro en Caranza e o domingo 4 marcha por Doniños. Podes consultar o resto de datas na nosa axenda:

Novembro

  • Día 18 ás 10.00h na Gándara. Iniciación.

Decembro

  • Día 16 ás 10.00h por Cabo Prior. Marcha (5-6 km).
  • Día 28 ás 17.00h Volta á ría (7,5 km).

Nós aportamos o material específico para a actividade (os bastóns), dado que contamos cun número limitado deles, só se convocan 11 prazas para cada actividade, polo que requiren inscrición previa.