ActividadesNoticiasSendeirismo

Costa do Vicedo e Fuciño do Porco

Para o domingo 23 de setembro temos unha proposta de sendeirismo pola Costa do Vicedo e o Fuciño do Porco. polo Camiño Natural Costa do Cántábrico e o sendeiro PR-G 156 (Concello do Vicedo / Turgalicia).

Arredor de 16 km de dificultade baixa e esforzo medio. Ollo á meteoroloxía porque imos andar por zona costeira. Saída en bus desde Canido ás 09.00h.

Hai 50 prazas, data da última inscrición o 19 de setembro (federad@s até o 21 de setembro) ou ata que se esgoten as prazas así que… bulide!

(Foto cortesía de Manu Pérez Amado)