ActividadesNoticiasSendeirismo

O DOMINGO, SAN BERNARDO NO FORGOSELO

Despois dos 50 Km da Costa Ártabra propoñemos unha actividade máis repousada coa escusa de celebrar o patrón San Bernardo de Menthon. Será o próximo domingo 17 de xuño no lugar do Curro do Forgoselo, a partir das 13 ou 13.30h.

O club pon o churrasco, algunha empanada, bebida e café, a maiores cada un que leve o que queira levar. Despois de comer, darase unha volta pola zona. E imprescindible apuntarse, para facer previsión de compra.

Actividade só para soci@s, se alguén leva acompañante non soci@ tería que aboar 3€.

Xusto antes a partir das 10.00h, teremos unha actividade de iniciación á fotografía no mesmo lugar, se queredes participar nas dúas actividades comunicádeo no momento de vos inscribir.

COMO CHEGAR AO CURRO DO FORGOSELO?

Partindo desde As Neves (A Capela), para chegar ao Curro, hai que coller o desvio cara Vilar de Mouros e Calzados. Aos 3,3 km chegamos a un cruce no que seguimos de fronte, pasamos pola Igrexa (na bifurcación pódese tomar calquera das dúas alternativas), continuando até Ameneiro; atravesamos un paso canadiense e chegamos a un portón metálico, aquí o camiño chega até o curro e está indicado nos sinais como “Lugar de lecer”. Coordenadas para GPS (en grados decimais): 43.467680, -7.999966.