Aulas Verdes polo río Azúmara
Para o próximo domingo 29 de abril propoñemos unha saída de Aulas Verdes polo río Azúmara en Castro de Rei–Reserva da Biosfera do Miño, acompañados do noso biólogo Pedro. A idea é facer o percorrido ambiental a baixo ritmo e despois visitar o Museo e Castro de Viladonga.
Hora de saída: 9.00h
Lugar de saída: rúa Navegantes (Fronte o Instituto de Canido)
Dificultade baixa e esforzo medio
Último día para anotarse: venres 27 (salvo que se esgoten as prazas)
Prazas: 25
Cuotas*
- Soci@s anteriores a 01/01/2018 e federados: 8€
- Soci@s anteriores a 01/01/2018 e non federados: 10€
- Soci@s despois do 01/01/2018: federados 16€
- Soci@s despois do 01/01/2018 e non federados: 18€
- Non socios: 24€