XIII Descenso a pé do Río Belelle
Está aberta a inscrición para a XIII edición do Descenso a pé do Río Belelle que realizaremos o sábado 21 de abril.
Son 30 quilómetros pola nosa Corrente de Ideas cun percorrido que incluirá novidades para achegarnos ata a mesma desembocadura en San Nicolás de Neda. Esta actividade está incluida no calendario da Copa Galega de Media Distancia da Federación Galega de Montañismo.
Formulario de inscrición (XLS):
>>> FORMULARIO DE INSCRICIÓN (XLS) <<<
Para facer efectiva a inscrición é imprescindible cubrir todos os datos solicitados no formulario.
Máis información
Podes seguir todas as novidades e obter máis información no blog da ruta