ActividadesNoticiasSendeirismo

Aulas Verdes: Río Esmelle e os seus muíños

O próximo domingo 25 de febreiro propoñemosvos un percorrido interpretativo na compaña do noso socio e biólogo Pedro F. Flores pola canle do Rio Esmelle e os seus muíños.

Trátase dun percorrido interpretativo a baixo ritmo, de dificultade e esforzo baixo, con paradas de observación, ideal para ir cos rapaces.

Esta actividade forma parte das accións complementarias que facemos ao longo do ano para poñer en valor a nosa Costa Ártabra mediante actividades orientadas a todos os públicos, que ten o seu culme coa celebración da Marcha Costa Ártabra, unha ruta circular de longo percorrido (50 km) que este ano acada a V edición o vindeiro 9 de xuño.

FICHA DA ACTIVIDADE:

  • Data e Hora de reunión: Domingo 25 de febreiro, ás 10.00h
  • Lugar: Aparcadoiro fronte ao camping de Esmelle
  • Custe: Socios de balde; Non socios 3€
  • IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN PREVIA
  • Máis información e contacto