Noticias

Con este tempo… mellor actividades sinxelas…

Novo taller mensual – saída de iniciación á fotografía co noso compañeiro Xoán Porto, o vindeiro domingo 18 de febreiro, antes de comer.

«O CAMIÑO INGLÉS POR CARANZA»

A idea e facer unha andaina a baixo ritmo seguindo o trazado do Camiño Inglés pola nosa zona urbana, neste caso a ribeira de Caranza, con breves paradas para coñecermos os nosos trebellos (móbil, compacta, reflex, etc.) e iniciarse na fotografía. Non son precisos coñecementos previos, imos aprendendo e practicando os conceptos mentres camiñamos…

Hora de saída: 10.00h (remate antes das 14:00h)
Lugar de Saída: Aparcadoiro do Auditorio de Ferrol en Caranza
Límite de participantes: 15 persoas
Distancia: 8 km aprox.
IMPRESCINDIBLE INSCRIPCIÓN PREVIA.

Máis info e inscricións