Noticias

MAIO: UNHA CHEA DE ACTIVIDADES

  • DOMINGO 30 DE ABRIL

AULAS VERDES. SAIDA INTERPRETATIVA polo RIO BELELLE de mañá, acompañados do noso compañeiro biólogo, Pedro.

A idea é facer unha saída de interpretación de rastros e sinais con posibilidade de colaboración dos membros da Asociación Micolóxica Viriatos.

INSCRIPCIÓN PREVIA ata ao venres 28 de abril.

  • DOMINGO 7 DE ABRIL

Propoñemos para o domingo 7 de maio un PERCORRIDO INTERPRETATIVO PATRIMONIAL POLA MARXE NORTE DA RÍA DE FERROL. A idea é facer un percorrido pola Cabana,  Brión, A Graña e A Cabana, con entrada á Base Militar de A Graña (ESENGRA).

Temos que presentar un listado de acceso dos participantes, así que as prazas, son limitadas. En principio, só para soci@s.

O percorrido é de carácter pedagóxico patrimonial e interpretativo, é dicir, a baixo ritmo e con paradas interpretativas.

Distancia: 9 km aproximadamente

  • XORNADA DE INICIACION Ó ROCODROMO MÉRCORES 10 DE MAIO

IMPRESCINDIBLE INSCRIPCIÓN PREVIA. Limite luns 8 de maio

  • DOMINGO 14 DE MAIO. RUTA DOS FAROS (ETAPA 5)

Propoñemos unha etapa da Ruta dos Faros de Arou a Camariñas

Distancia: 26 Km, todo chao