Circulares

Circular Xaneiro/Febreiro 2006

Empezaremos este 2006, lamentando eses 11 números que nos faltaron para chegar ó primeiro premio da loteria, pero hai que destacar que entre todas as entidades deportivas (Ria de Ferrol, Remo A Cabana, Balonmano Ferrolterra e Natación Ferrol) repartimos mais de 20.000€ nas diferentes participacións, así que en marzo veremos o que sobrou, e faremos unha paga extra para as actividades.
En actividades, botaremos andar cun novo calendario. E novo xeito de cobralas.
En fin animar a todo o mundo para empezar a camiñar neste ano que hai que deixar de fumar. A mediados de xaneiro presentarem os, o folleto, IMPRESIONANTE, sobre o camiño a Teixido. Que teñades un 2006 feliz e completo

ACTIVIDADES XANEIRO

  • DIA 1 MARCHA ANINOVO (PRG23)
  • Saída da Feira de Mostras as 11’30h, atallaremos, en Balón e comenzaremos o ano comendo os callos nas instalacións do Clube de Remo, na Cabana, para chegar a comer a casa

  • DIA 15 COSTA DA MORTE
  • Temos en proxecto percorrer, as costas da zona de Camariñas .

  • DIA 29 CAMPAMENTO INVERNAL ANCARES
  • Esta é unha idea nova, para (inexplicablemente) pasar frio, en intentar, convivir coa neve e o xeo nos Ancares un fin de semán, acampando, facendo un iglu, camiñando con crampóns. En definitiva para tolos (Os coches quedan a unha hora)

    ACTIVIDADES FEBREIRO

  • DIA 12 FRAGAS DO EUME
  • Estas maravillosas paixases, miraremos de unir o Belelle co Eume, e disfrutrar.

  • DIAS 25/26 TRAVESIA C. CANTABRICA
    As altas terras de Babia, serán escenario de un percorrido por ali (haberá neve????)


    PRÀCTICA DE POSTA DE CADENAS DE COCHES
    Como algo novo, temos previsto o 14 de xaneiro, sábado pola maña, facer nalgún sitio, unha , con tempo para ir a comer.

    TARXETAS FEDERATIVAS:
    Xa se pediron as primeiras, se non o fixechedes chamade ó club

    PINCHOS CON IMAXES:

    • 13 de xaneiro 20’30h. Camiño de teixido
    • 11 de febreiro 20’30h. Ancares

    ESCALADA:
    Un venres ó mes o rocodromo estará a media tarde con dous monitores, e xuntando 3 persoas faríamos unha xornada de iniciación

    VENDESE: EQUIPOS DE IMAXE DO CLUBE POR RENOVACIÓN: presentar oferta en sobre pechado, no local social antes do 1 de febreiro de 2005

    • Televisión en torno a 120 eur
    • Video (o do club) en torno a 30 eur
    • Pantalla de parede (a grande) en torno a 30 eur

    NOVOS LIBROS

    • Camino santiago –guía naturaleza
    • Los Ancares
    • Las medulas
    • Los picos de europa
    • Monfragüe
    • Somiedo
    • Muniellos
    • Baixa Limia Xures
    • La trashumancia
    • Vegetación alta montaña
    • Mejores setas comestibles
    • Provincia de León en bici
    • Por la naturaleza asturiana
    • Firmado en la piedra
    • Laciana un otoño
    • Peñalba de Santiago
    • Monasterio de Oseira
    • Camino santiago
    • guía del peregrino
    • Castros de Galicia

    DVD
    Estamos collendo os do “Filo del Imposible”, así que están a disposición como todo o da biblioteca. Mercamos tamén o de “Vías Verdes”, e empezaremos a facer unha amplia colección con todo o que salga, se alguén ten unha idea para mercar que no la pase, queremos facer un arquivo de pelis de montaña.
    Por certo quen quera vir ó clube a poñer “videos”, pouco a pouco estamos poñendo a sá de proxección, con equipo de sonido e todo, parece un cine de verdade. Estamos,hasta pensando facer un ciclo de pelis

    PAGO DE ACTIVIDADES
    A partires da data, decidimos darlle un cambeo ó pago do coste das actividades, pois estamos perdendo, además de complicarse o funcionamento para nos, e unha certa falla de compromiso nalgún socio.
    Así pois, imos a establecer un par de cuestións de funcionamento:
    Os pagos na oficina do clube ou en entidade bancaria (se demostrará con papel do banco) no momento da inscripción, por adiantado, terán un coste 2 € inferior se é na propia actividade, para socios e 3 para non socios. Ademáis se se inscribe máis de ún, farase o desconto porcentual previsto (2 – 10%, 3 – 20%, 4 o más -30%), que se está a facer nas cuotas mensuais, pero so no local ou na entidade bancaria

    SUBA DE CUOTAS
    Ainda que está por determinar o IPC do ano 2005, en canto esté na rua (20 de xaneiro) actualizaremos, como temos recollido, botade conta que será en torno a un 3%, gracias ó tema do petroleo.

    ¡¡¡PRIVACIDADE DE DATOS!!!.
    Nin cedemos teléfonos, nin enderezos, nin correos electrónicos. O feito de ser socio do Clube, implica unha total privacidade nos datos, así que non vos pareza mal, é norma común e é polo ben de todos, nestes tempos de tanto “SPAM”