Circulares

Circular Decembro/Xaneiro 2006

Ahi ven rápido o día 31. É dicir este ano acabouse.
Non foi nin un ano moi bo nin moi malo, pero valeu para ir tirando, de todos xeitos como sempre, agardemos que o que ven sexa mellor, remate algunha guerra que queda por ahí, e que nos ardan menos montes.
Quédanos tomar o turrón e o pincho de fin de ano, así coma celebrar esa lotería que nos vai tocar.
O folleto do Belelle está a ser un éxito, a xente gostalle moito, así que, pensamos que o club tivo un acerto máis
O calendario do 2007 xa o temos en marcha, e ademáis comenzamos cunha forte colaboración co concello de Neda, co que nos une dende hai moito tempo unha grande amizade .
Esperemos que agora que veñen eleccións se porten todos algo mellor connosco e o 2007 sexa moito mellor
FELIZ ANO 2007 A TOD@S

:: EXPOSICION DO BELELLE.-
Fumos invitados a inauguracion do novo museo etnografico da Capela.
A partires do día 8 estarán alí as fotos. O día 16 pola tarde haberá outro acto Se podemos presentaremos a edición en castelán

:: DIA 1 DE XANEIRO:
Como sempre marcha de ANINOVO
As 11’30h na feira de mostras, para seguir hacia Valon e A Cabana, onde a ser posible, nas instalcions dos nosos amigos do Clube de Remo, tomaremos os xa celebres
¡CALLOS DE ANINOVO¡

:: II XORNADA DE POSTA DE CADEAS No muiño de Pedroso (13 de xaneiro)
Iremos ate ali faremos unha practica, daremos un paseo, e posiblemente encarguemos un ¡COCIDO SOCIAL!
Para o segundo non fara falla acudir o primeiro

:: SENDEIRISMO. 14 de xaneiro
Dentro desa estreita colaboracion que faremos con Neda este ano, ahí vai a primeira: paseo polo PRG16, Belelle, muiños, cotos, miradoiros.

:: TRAVESIA DA CORDILLEIRA CANTABRICA 27 e 28
Esta e unha data de referencia, os que estedes interesados apuntavedos

:: PROXECCION IMAXES.- Venres 12 as 20’30h

Esperamos poner as imaxes de Elena en Africa e a sua visita as terras do Kilimanjaro .

:: MOCHILAS E MEL
De novo temos 6 Artiach a moi bo precio, e mel de Monfero.

:: CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL
Pola presente convocase a todos os socios e socias, a asamblea xeral ordinaria o vindeiro 22 de decembro no local social as 20’15h en primeira e 20’30 en segunda e as 20’45 en terceira convocatoria. A orde do dia sera a segunite:

  1. Lectura e aprobación se procede da Acta Anterior
  2. Estado do clube
  3. Estado de contas
  4. Futuro do clube – proxectos
  5. Analise das eleccions a xunta directiva
  6. Rogos e preguntas.

Por suposto o final haberá o pincho de fin de ano (e celebraremos que nos tocou, ….. ou non a lotería)

:: PRIVACIDADE DE DATOS
Nin cedemos teléfonos, nin enderezos, nin correos electrónicos. O feito de ser socio do Clube, implica unha total privacidade nos datos, así que non vos pareza mal, é norma común e é polo ben de todos, nestes tempos de tanto “SPAM”

¡Visita o foro do Clube Montaña ferrol!