Circulares

Circular Nadal 2005

PATI PRIDA, A UN PALMO DE SER CAMPEONA GALEGA DE ESCALADA
A falta dunha proba do campeonato galego, gañou as duas primeiras, así que a nosa compañeira vai a estar no alto do podio. ¡NORABOA!

::ACTIVIDADES

  • DIA 19 PASEO RÁPIDO POR CAAVEIRO
  • Por la tarde del sábado, haremos el típico paseo de tarde, pero rapidillo que es invierno. La idea es bajar hasta el río, pasar por Caaveiro, para que nos coja el bus en la central de Ventureira

  • DIA 20 MAGOSTO EN PEDROSO PASEO POR EL XUBIA
  • Este ano non imos ó Forgoselo. Imos o muiño de Pedroso. Si Chove, o amigo Eulogio que leva o camping, nos habilitará un lugar cuberto. As castañas as fará él no forno de pedra, e cafés e demais tamén. Os que queiran poden ir directos ate o camping de Pedroso a partires das 13h estaremos por alí, e camiñando saíremos en tren da FEVE, das 11’45, miremos ate San Sadurniño, e dende alí a pe polo marxe do río Xubia ate o muñio (1 hora). A volta tamén en tren.

  • DIA 9 PONZOS-PRIOR
  • Outra das saidas de pola tarde, será pola zona de Covas e Prior, algo rapidillo de un par de horas, para ver como bate o mar

  • DIA 10 CIRCULAR DE NEDA (PRG16)
  • Recorreremos unha vez mais as terras de Neda, pero lle collimos manía ó Belelle, así que en vez de subir o Marraxón en primeiro lugar (que estará queimado) así que sairemos dende a casa das Palmeiras, pero logo remontaremos o Belelle dende case a desembocadura ate a Fervenza.

    AULAS VERDES 2005
    Estamos na idea de rematar o ano con duas saidas interpretativas

    • 26 Novembro.-Lagoa de Cospeito, e Illas do Miño
    • 17 Decembro.-(LIC’S) Aciñeiral de Cruzul e Souto de Agüeira (Becerrea)

    VENTAS VARIAS

    • LOTERÍA: Sabedes que xa está a venda a lotería ( este ano voltamos a facelo en compañía con outras 4 entidades deportivas) Xa sabedes que “de oficio” xoga cada titular 15 cts por número Todos aqueles que nos podan vender algún talonario, o agradeceríamos.
    • FOTOS TEIXIDO 05: Non sei se volo dixemos, pero o CD está a disposición, así como os das últimas actividades
    • BASTONS: Ainda nos quedan alguns bastóns a bo precio e están bastante ben de calidade
    • CAMISETAS: Quedan un par de elas da talla mediana a 20€
    • MEL: a colaboración que temos coa “Chousa do Leones” de Monfero sigue adiente, así este ano van outros 24 kg fora, así que xa levemos mais de 85ks.

    GALA DO DEPORTE
    Este ano decidimos presentar como mellor deportista da especialidade ó compañeiro Vavi Cartelle que fixo varias ascensións moi interesantes nos Andes por enriba dos 6000 mts

    0’7% SOLIDARIO- ONG: SOLIDARIDE GALEGA
    No seu día, decidimos adicar o noso modesto 0’7% das cuotas, fora para un proxecto solidrio en paises montañosos do tercerio mundo. Este ano parece que será a ONG “SOLIDARIDADE GALEGA” que está a desenrolar varios proxectos en sudamerica, a que nos ofrece a posibilidad de facelo, a mediados de decembro como sempre faremos entrega da aportación, estaredes informados pola nosa páxina WEB

    :: MAIS SOLIDARIDADE – ENVIO O PERU
    Temos unha recollida permanente, de roupa e material de montaña, así que imos enviar para alo mochilas, arneses, forros e chuvasquiros, se queredes trae material ainda estades a tempo. A financiación do envio será a cargo da calderilla que recollemos no “cerdito” que temos no clube para ese efecto, no que xuntamos 20 € (podedes traer todo tipo de calderilla, ate pesetas das antiguas)

    NOVO MATERIAL
    Acabamos de mercar, novo material, raquetas, piolets, palas de neve, etc

    NOVOS LIBROS E DVD
    Entraron un bo feixe de libros, como de Muniellos, Ancares ou Xures, da Transumancia, do Norte de Leon, etc Tamen comenzamos a mercar DVD, en principo os do “FILO DO IMPOSIBLE”, pero seguiremos mercando de todo

    ESCALADA ARDORA
    Os días 25 novembro e 2 de nadal

    TARXETAS FEDERATIVAS
    Como nos anos derradeiros, todos aqueles que queirades a tarxeta federativa, no lo tedes que decir. De oficio non a imos pedir a ninguen, As pediremos en canto nos cheguen os impresos, xa sabedes que despois de xaneiro tardan mais en vir, así que si estades interesados chamade xa.
    ESQUI.- se queredes a de esqui, esas xa se poden pedir, 40€

    ASAMBLEA XERAL
    Se convoca de xeito oficial a Asamblea Xeral Ordinaria para o día 16 venres, as 20’30h en primeira convocatoria, as 20’40 en segunda e as 20’45 en terceira, O local será o de sempre, que como sabedes está cerca do clube.
    A orde do día será:

    1. Lectura acta anterior.
    2. Informe do ano 2005
    3. Contas do ano 2005
    4. Proxectos ano 2006
    5. Confirmación Xunta Directiva
    6. Rogos e preguntas

    A continuación, como xa é habitual faremos o tradicional PINCHO DE FIN de ano.

    PROPOSTA DE CALENDARIO 2006
    XANEIRO
    1 MARCHA ANINOVO (PRG23)
    15 RIO SOR
    29 CAMPAMENTO INVERNAL ANCARES
    FEBREIRO
    11/12 FRAGAS DO EUME
    25/26 TRAVESIA C. CANTABRICA
    MARZO
    11 PENARRUBIA (ANCARES)
    25/26 FERVENZAS DE SOMEDE (AS PONTES)
    ABRIL
    23 BELELLE – EUME
    (TERRAS DA CAPELA)
    MAIO
    6/7 PENA DA ANAMAN
    (SERRA DO XURES)
    21 TEIXIDO – CABO ORTEGAL
    XUÑO
    10 MARCHA A TEIXIDO
    25 S. BERNARDO (senderismo)
    XULIO
    1 /2 CAMPAMENTO COORDILLERA CANTABRICA
    AGOSTO
    27 BATALLA BRION
    SETEMBRO
    3 MEIRAS – SAN XURXO
    10 SAN XURXO – FERROL
    23/24 TRAVESIA TREVINCA
    OUTUBRO
    22 BARBANZA
    NOVEMBRO
    4/5 SERRA DO COUREL
    19 MAGOSTO
    DECEMBRO
    3 MOISENVANE (TERRACHA)
    22 ASAMBLEA XERAL E PINCHO

    UNHA RECOMENDACIÓN
    : visitade no Torrente Ballester, antes de fin de ano, a exposición sobre o mundo do mar e en concreto a Volta ó mundo do Nautilius. O Comisario da Expo é un veterano socio do clube o Catedrático Bernardo Maez. ¡Merece a pena!

    POSTO DE TRABALLO
    Animador de actividades medioambientais e sendeirismo
    Abrimos, como o ano pasado, un periodo de presentación de curriculums, ate o vinderio día 14 de decembro as 21’15h, en man, na oficina do clube. O posto será cun contrato por duración de servicio. Serían 44 h ó mes, con alta na SS. Durante o primeiro semestre do 2006. As tarefas serían de desenrolar as saídas de Aulas Verdes básicamente, así como determinadas actividades de senderismo, e organización de temas do clube.
    A curricula, deberá incorporar, a ser posible experiencia no terreo de temas medioambientais, organización de saídas, desenrolo de actividades de sendeirismo e marcado dos mesmos. Loxicamente o feito de ser socio tamén se terá en conta ainda que non será determinante Dado as particulares características da plaza, a Directiva poderá deixar a praza sen cubrir.
    De todos xeitos a decisión da mesma será inapelable

    ¡¡¡PRIVACIDADE DE DATOS!!!.
    Nin cedemos teléfonos, nin enderezos, nin correos electrónicos. O feito de ser socio do Clube, implica unha total privacidade nos datos, así que non vos pareza mal, é norma común e é polo ben de todos, nestes tempos de tanto “SPAM”