Circular Febreiro 2005
ACTIVIDADES
Increíble cauce de auga que atravesa a nosa comarca e do que tan pouco queremos coñecer. Imos ás Neves en bus, e dende alí baixaremos ate o “Chiringuito de San Marcos” comendo previamente na área recreativa de Río Cuberto. Si a cousa sae ben en Xuño, fora de calendario faremos a baixada integfral de Belelle. Dende Goente ata Neda.
Toca antroido así que a saída a San Mamede Ourense (inédita na historia do clube), cambea para o fin de semán seguinte, 12 e 13 , quedaremonos nun pequeno albergue, en Montederramo, e levaremos encargada a cena e o almorzo. Moi poucas prazas, só 25.
Para os que non teñan ansia de lacón con grelos nin freixós, temos pensado (¡se hai neve!) facer un curto e rápido desprazamento en coches particulares ate Suarbol (Ancares), subindo ate o Penalonga, e facer unha xornada de práctica de RAQUETAS, CRAMPONS E PIOLETS. Dado a cantidade de material que temos no clube, e adificultade do tema, esto só se vai facer para un pequeno grupo de xente ( 8 compoñentes).
O mes que ven estará ahí nos días 18, 19 e 20.
Pola tarde unha tranquiliña por San Sadurniño, percorrendo os Muiños do Río Aceiteiro.
Percorreremos as terras de Guitiriz ou Parga.
CURSOS
Están en marcha moitos cursos da Escola Galega de Alta Montaña, para federados os tedes no calendario. Se estades interesados, no clube 15 días antes.
CUOTAS
Xa temos novas cuotas aplicado o incremento de 3,2% de suva que foi o IPC do ano pasado.
LICENCIAS FEDERATIVAS
Xa se están a pedir, se ainda non o fixeches ponte en contacto coa secretaría.
PRIVACIDADE DE DATOS
Moita xente non se explica como cando chama pedindo o teléfono dalgún outro socio dende a secretaría non se lles facilita. Ben, antes de que houbera esas cousas de Protección de datos de Datos, nos xa o tíñamos efectivo. Nin cedemos teléfonos, nin enderezos, nin correos electrónicos. O feito de ser socio do clube, implica unha total privacidade nos datos, así que non vos pareza mal, é norma común e é polko ben de todos, nestes tempos de tanto “SPAM”.