AULAS VERDES: BRAÑAS DE XESTOSO (SILLEDA)
Este sábado 25, organizamos unha da saidas medioambientais, acompañados do noso biologo de cabeceira Pedro Fdz. de Terranova.
Como nesta época vaise a zonas humidas, do interior, queríamos sorprender cunha zona nova como son as Brañas de Xestoso,na zona de Silleda – A Estrada, e xa de paso dar unha volta pola serra do Candan. xa veremso como está de auga, pois a seca empeza a ser perigosa.
En principio non temos ningun tipo de apoio, nin sabemos siquera si o imos ter , polo que o custe pasa a ser como o dunha saida normal.
(foto de Martinho 12)