Noticias

Inscríbete na V Marcha Costa Ártabra

Vaise achegando o día para a Marcha Costa Ártabra que este sábado 9 de xuño acada a súa quinta edición. As fichas de inscrición comezan a chegar á nosa Secretaría e queremos recordar que é imprescindible achegar copia da licenza federativa en vigor para os federados, e nome completo e número de DNI para o resto de participantes, para confirmar a cobertura do seguro para a proba. Agradecemos de antemán a vosa colaboración para axilizar este aspecto, xa que sempre nos causa moitos retrasos na xestión administrativa.

Quitando este tema administrativo xa o que queda é botar a camiñar. Sabedes que a nosa máxima é facilitar a experiencia dos camiñantes. Para iso contamos con organización, voluntari@s e medios que se preocuparán de acompañar todo o percorrido e de proporcionar bebida/comida nos postos de avituallamento que teredes ao voso dispor cada 8-10 km ao longo da ruta.

Lembrade que a Marcha Costa Ártabra está integrada no calendario da Copa Galega de Andainas de 50km 2018 da Federación Galega de Montañismo.

A inscrición está aberta ata o luns 4 de xuño de 2018. Vémonos en FERROL!

Máis información e inscrición: