Cuotas e ventaxes

 CUOTAS e VENTAXES 2018

ENTRADA POR SOCI@: 12 €. (Só os dous primeiros da unidade familiar maiores de 18 anos)

MAIORES: (base de 4,40 mes) 13.20 € trimestral – 50 anual (aforra 2,80 €)

MENORES (de 14 Anos) : (base de1,80 mes) 5,40 €. Trimestral – 20 anual (aforra 1.24 €)

No caso de cuota anual, a primeira vez se cobrará a parte proporcional ate 31 de decembro e a partires de aí, ano natural

CUOTAS FAMILIARES: (aqueles que comparte a mesma conta):

2 socios – desconto 10% sobre as cuotas /// 3 socios – 20 % /// 4 ou mais socios – 30 %

CUOTA PARAD@S: con máis dun ano de antigüidade, 25€, a pagar na oficiña (previo mostrado de cartilla do paro actualizada).

CUOTA MINISTRO DASTIS:   1€ ano  “quienes salen fuera lo que muestran es una inquietud, una amplitud de miras, una adaptabilidad a nuevos horizontes… Ir fuera enriquece, abre la mente, fortalece habilidades sociales” (Dastis dixit)

Ista cuota, é para todos aqueles socios que temos alo fora non podan participar ou o fagan de xeito esporádico e queran seguir mantendo a súa condición sendo socios. No momento do retorno, a cuota voltará a ser a de socio numerario.

O Cuota poderá trocalo nome, no momento en que algún outro persoeiro diga outra lindeza

ACTUALIZACION ANUAL: O incremento da cota será automático e anual tomando como referencia o IPC do ano anterior, redondeando os céntimos de euro da cuota mensual ate o seguinte múltiplo de 5.

VENTAXES ECONOMICAS:

En saídas , que non esten bonificadas, e pagando no local:

2 socios – desconto 10% /// 3 socios – 20 % ///  4 ou mais socios – 30 %

A participación de non socios dentro deste grupo descontará un 5% c.u. .

SI XA TES UN ANO DE ANTIGüIDADE E A LICENZA DO ANO ANTERIOR POLO CLUB

EN MONTAÑA,

@s maiores de 65, licenza federativa autonómica de balde (ou diferencia co resto)

Os infantís, que dependan dun maior (cun ano de antigüidade), licenza federativa autonomica de balde. (ou diferenza co resto)

Actividade privada internacional: diferenza con custe da autonomica que non sexa subvencionada, ca internacional básica, con actividade prioritaria deportiva,  a xustificar cunha breve memoria, foto e características da actividade.

Cursos montaña (formativos, non de capacitación) 20% da matricula (EGAM – EEAM)

Competicións ou actividades de calendarios oficiais de Galicia como membros do club: inscrición e kilometraxe.

Fora de Galicia a inscrición

Expedicións ou Competicións no estranxeiro: a estudar previa presentación do proxecto, sempre que se acuda como C.M.F.

ORI E RAIDS, CONDICIÓNS COMÚNS: Subvenciónase o importe reducido da inscrición, sen incluír recargas por inscrición fose do prazo correspondente. Competirase representando ao Club Montaña Ferrol. En probas por equipos os nomes serán de fórmaa “MONTAÑA FERROL + Nomee do Equipo”. No caso de que os equipos teñan compoñentes que non sexan socios, subvencionarase a parte proporcional ao número de socios. Presentaranse os documentos xustificativos segundo procedemento en vigor.

XUVENÍS E INFANTÍS: Importe da inscrición en todas as probas nas que participen e a licenza no momento en que participen na primeira.

RAIDS LIGA GALEGA: En calquera caso, deberase participar en polo menos o 60% (número enteiro máis próximo) do total de probas da liga. 100% da inscrición se se clasifica entre os 10 primeiros. 50% da inscrición se se clasifica entre o 11º e o 20º. O total de subvencións liquidarase ao finalizar a tempada.

OPIE E OBM LIGA GALEGA (indistintamente): Licenza federativa gratis ao ano seguinte (mesmo tipo que a anterior ou a diferenza) para os que participen nun mínimo do número enteiro superior á metade do total de probas de Liga Galega (na tempada 2018 serán 8 probas OPIE máis 7 probas OBM).

Computaranse como participación nestas ligas as probas organizadas polo club nas que se colabore na organización (incluídas as probas open populares, pero non os entrenos)

RAIDS E ROGAINES LIGAS NACIONAIS: En calquera caso, deberase participar en polo menos o 60% (número enteiro máis próximo) do total de probas da liga correspondente. 100% da inscrición se se clasifica entre os 3 primeiros 50% da inscricpion se se clasifica entre o 4º e o 10% O total de subvencións liquidarase ao finalizar a tempada.

OPIE E OBM LIGA NACIONAL (indistintamente): Deberase participar en polo menos o 60% (número enteiro máis próximo) do total de probas da liga correspondente. 100% da inscrición, independentemente do posto logrado. O total de subvencións liquidarase ao finalizar a tempada.

PROBAS INTERNACIONAIS: A estudar previa presentación do proxecto, sempre que se acuda como Club Montaña Ferrol.