Inscripciones

INSCRIPCION NAS ACTIVIDADES
O criterio para a inscrición nas actividades, e que salvo que se indique o contrario, abrimos prazo de inscrición o luns anterior da sema de celebración da mesma.

Solemos enviar/publicar a ficha da actividades nesa data, pero as veces non é posible dependendo da organización da propia actividade ou do calendario en xeral.

Non todas as actividades son iguais, nin todas teñen a mesma complicación organizativa, ou de dispoñibilidade dos compañeiros que se encargan de levala a cabo.

Unha vez aberto o prazo, faise a lista co único criterio de orde de inscrición.

Lembrar que isto é unha entidade deportiva, non profesionalizada, que os compañeri@s que solemos levar adiante actividades de moi diferente tipo, non somos profesionais e o facemos en igualdade de condición que o resto dos socios.

O non ser isto unha empresa, temos unha dimensión e unha capacidade para facer cousas, que nos gostarian que fora maior, pero moitas veces é imposible. Non é igual facer unha marcha de sendeirismo pola maña que unha saída Ancares, Cordilleira Cantabrica, e xa non digamos en inverno.

Faltan profesionais ós que recurrir, e moitas veces se esquece que quen organiza en definitiva leva inherente unha responsabilidade como mínimo moral. E facemos un chamamento a que todos aqueles que queiran voluntariamente organizar a cabo actividades no lo fagan saber, para ver a viabilidade das mesmas.

Montaña Ferrol