Circulares

Circular Outubro 2006

Seguimos adiante
Entre temas burocráticos, de reestructuración e algún tema máis, seguimos a traballar. Realmente seria bo que un grupo de xente, se presentara antes de que o actual se esgotara de ideas e de traballo.
No clube temos enriba da mesa varios grandes proxectos dos nosos socios :
– Os equipos de Raids, quedaron ben calsificados este ano (2º Galego), pero agardamos mellorar este tema.
– O ano que ven socios queren atravesar Groenlandia ou ascender o Pico Lenin.
Seguídenos contando cousas, a bon seguro o clube non será de “primeira división” pero os socios que temos no C.M.F. son todos de Campion para arriba.

ELECCIONS NO CLUBE
Na Asamblea Extraordinaria do día 6, acordouse un calendario que remata, para presentar candidat@s o venres 20, así que animamos a tod@s aqueles/as, que se animen, A Xunta Electoral quedou composta por Che Neira, Luisa Goday e Elena Pérez, O Regulamento das Eleccións está no clube para todo aquel que queira. Sería bo que houbera recambios, pois o traballo ainda que non mata algo queima, ¡¦..e de lumes este ano imos ben

POSTOS DE TRABALLO
Estamos a piques de rematar o proceso de seleccion dos case 20 curriculums que nos remitiron, en breve vos presentaremos a nova cara do clube detras da fiestra de entrada

PROXECCIONS – ACTIVIDADES

  • O venres 27 de outubro, temos as 20’30 proxeccion de imaxes , e o 17 de novembro outra, ainda non sabemos a orde pero unha e sobre o Kilimanjaro e outra sobre sudafrica.
  • Domingo 22 .- SAIDA O RIO SOR, impresionante percorrido nunha zona a cabalo entre Lugo e Coruna, moi facil. (Tinamos previsto Barbanza, pero co que ardeu…)
  • 11 e 12 de Novembro SERRA DO CAUREL. Fin de seman nesta impresionante serra coas coores tipicas do outono.
  • 19 de novembro .- MAGOSTO, posiblemente no muiño de Pedroso, estade atentos pois se ira e se voltara no tren

FERROL DEPORTE
Temos case a punto os estatutos dunha entidade na que coincidiremos para promocionar o deporte en Ferrol, entre os que facemos a Loteria (que por certo esta a punto de sair), e dende ahi lanzar un xornal, unha paxina web e unhas cantas iniciativas mais.

PLATAFORMA POLA DEFENSA NATURAL E PATRIMONIAL DOS MONTES DE BRION
Xa sabedes que estábamos metidos nesto pois entendíamos que o polígono proposto non era o sitio… pois ben xa vedes que esta posibilidad se alonxa cada vez máis, a ver se nos fan caso e recollen aquelas 10 ideas para unha grande área natural, que lles presentamos a TODOS os partidos políticos dende ahí anos e que ningun nos fixo caso

PRIVACIDADE DE DATOS
Nin cedemos teléfonos, nin enderezos, nin correos electrónicos. O feito de ser socio do Clube, implica unha total privacidade nos datos, así que non vos pareza mal, é norma común e é polo ben de todos, nestes tempos de tanto “SPAM”

¡VISITA O FORO DO CLUBE!