Circulares

Circular Marzo 2006

ESCALADA: TODO MARZO
Este ano imos facer unha nova experiencia: todos os luns e xoves de 19 a 20’30h estarán dous compañeir@s atendendo o rocodromo. ¿Para que?, Queremos que a xente se aficione, que o grupo de escaladores se amplie. Que Ferrol, sexa unha referencia neste deporte. Non queremos que sexa so Pati a que compita a alto nivel queremos ter moit@s deportistas, correde a voz e apuntadevos.

TARXETAS FEDERATIVAS
As tarxetas federativas xa están sendo repartidas, se ainda non nos puxemos en contacto contigo e a queres, avisanos.

PROXECCIONS: NOS ANDES
A aventura do ano pasado de Vavi e Jose Manuel, terán o seu lugar na Saa Sargadelos (rua Maria) o venres día 3 as 20’30h, haberá imaxes de toda a sua peripecia

CAMIÑO A TEIXIDO

  • Con esta circular vos chega o plano de Teixido, algo único, e hai que dicer que case esgotada a primeira edición de 1000 exemplares, estamos a traballar na edición en castelan.
  • A expo de fotos de Teixido irá para Valdoviño, donde o xoves 2 as 20’30 estades invitados a presentación
  • Tamén imos a colgar 100 carteis na ruta, e buscamos voluntarios, por suposto se paga a gasolina e os gastos
  • Para rematar con este tema, estamos empezando a pensar nos 50 kms de este ano. E en torno a isto duas cousas,
    1)se hai un voluntario para coordinar toda a marcha sería estupendo, para alixerarnos o traballo,
    2)por outra banda se tedes ideas para a marcha, non dubidedes (por disparatadas que sexan) de comunicalas

ACTIVIDADES:

  • TRAVESIA CORDILLERIA CANTABRICA.
    -Se está a montar a ruta, que se perfilará o mercores 22, entre todos os que vaian, presumiblemente será por Babia, e estará ó alcance de todos (os que teñan un mínimo de experiencia en montaña)
  • PENARRUBIA (Ancares), o día 11, sábado nun bus corto iremos ate o Porto do Portelo, dende alí 10kms de subida, e descenderemos hacia Brego e nos recollerá o bus no albergue, un día que non olvidaredes.¡garantizado!
  • O mesmo día 11, para aqueles que non podades vir, haberá unha marcha por San Pedro de Leixa, por onde teñen pensado mete-lo poligono. As 10’30h no aparcamento da Casa do Monte, se visitarán as pequenas fragas, a Capela de San Pedro, e o castro de Leixa.
  • FERVENZAS DE SOMEDE, para rematar marzo o 26 iremos ate As Pontes, a beira do Eume e as Fervenzas de Somede, donde xa estivemos hai 3 anos, serán os nosos obxectivos
  • MARROCOS: en Semana Santa hai unha saída da federacion ó alto altas marroqui, se estades interesados pasade polo clube.
  • CURSO INICIACIÓN A MONTAÑA NEVADA: O PRIMERIO FIN DE SEMAN DE MARZO, A Escola galega de Alta Montaña organiza un curso de iniciación

DVD
Mercamos tres dvd de escalada, e todo “Al filo de lo imposible” están a vosa disposición no clube.

FOLLETO REPTILES.
Aqueles que estades interesados na natureza, editamos o último exemplar de cadernos das Aulas verdes, este corresponde ós réptiles. Se os queredes pasade polo clube, mandade un correo, ou chamade por télefono, que volo faremos chegar.

VENDAS
Xa saíron a pantalla e mais o televisor, ainda queda por librar o estante do video e o proxector de diapos, se estades interesados pasade pola secretaría. O mel, un bastón e un par de camisetas talla M, ainda quedan no clube, así como metopas de cerámica e parches de tela có logo.

¡¡¡PRIVACIDADE DE DATOS!!!.
Nin cedemos teléfonos, nin enderezos, nin correos electrónicos. O feito de ser socio do Clube, implica unha total privacidade nos datos, así que non vos pareza mal, é norma común e é polo ben de todos, nestes tempos de tanto “SPAM”