Circulares

Circular Setembro/Outubro 2008

Setembro/Outubro

Despois de pasada por auga a primeira actividade da temporada, a Batalla de Brión, ou o que é igual o final do vran, e o retomar a mochila de novo, pois ahí estamos, con novas cousas que iran saíndo pouco a pouco, ademais do que xa hai no calendario

COSTA DE ORTIGUEIRA, (Cantis de Loiba – día 14):

Tiñamos pendente unha actividade polo sendeiro de Neda, pero non sabemos nada de ese Concello dende principios de ano, así que como esta é unha idea que temos dende hai tempo, pois xente que a fixo dixo que era un dos mellores paisaxes do norte, ala imos.

CAMIÑOS DOS ARRIEIROS, (28 de setembro)

Xa facía un par de anos que non caminábamos a Serra da Coriscada, ate caer no mar no  Coído “Fenicio” de Bares, así que ali iremos dende Candedo

AULAS VERDES – FRAGA DA MARRONDA (día 1) e CAUREL (día 18)

Pero para camiñar pouco, para todos os públicos, e ver moito, en dous dos sitios mais auténticos da nosa flora, dentro do programa de colaboración co Concello de Ferrol e a moi baixo custe

FRAGA DO EUME – (26 Outubro)

Sempre chove, pero ainda así, as fragas do Eume ,merecen a pena, será, casí seguro, pola zona de Lagares

EQUIPO RAIDS RAIDS: : Montaña Ferrol – A Mi Madera

Este ano con dous equipos na liga Galega, imos lanzados no equipo de Élite, sendo segundo a día de hoxe e 5º o equipo de Aventura,. Animo: Carlos, Susana, Oscar, Gonzalo, Noelia e Alberto.

JUAN C. G. OROZCO O de volta do MACKINLEY.

De novo este compañeiro, este ano intentou o Mackinley na fria Alaska, a sorte e o tempo non o acompañou, pero aquelo é impreionante e so a aventura de ir xa merece a pena velo e escoitalo en breve faremos unha proxección,

CAMBIOS NA DIRECTIVA

Por cuestións personais, (cansancio e cuestións laborais) tivemos que
reaxustar a directiva, así pois queda como sigue:


  • Presidente: Xan Ramírez
  • Vicepresidente: Lalo Durán
  • Tesorero: Manolo Saco
  • Secretaria: Marivi Carro
  • Vocais: Moncho Rodriguez, Carlos G.Lorenzo,
  • Colaboradores: Gelo G.Carro, Chus Garcia
  • Luis Méndez e Gerardo García, desplazados por motivos laborais, se
  • reincorporaran no momento en que esten de volta, de todos xeitos
  • sabedes que estamos aberto a un cambio total en calquera momento,
  • en canto haxa voluntarios)


NOVOS LIBROS NA BIBLIOTECA BIBLIOTECA:

Shackelthon: lecciones de liderazgo, Camino del Norte (de Santiago), Seguridad y Riesgo Vol II, Seguridad, Andisimo, Pirineos 20 trekigns, La via de la Plata en BTT, El teixedal de Casaio

ARTIGOS A VENDA:

Lembrade que seguimos a ter no local: Novas camisetas, mochilas, bastóns, esterillas, mel de Monfero, metopas co escudo, escudos bordados, etc

E seguimos colgando moitas actividades no noso blog
http://turismoactivodonoroeste.blogspot.com

PRIVACIDADE DE DATOS. Nin cedemos teléfonos, nin enderezos, nin correos
electrónicos. O feito de ser socio do Clube, implica unha total privacidade nos datos, así que non vos pareza mal, é norma común e é polo ben de todos.