EscaladaNoticias

Vacacións… e unha lembranza

Folleto Expedición Sahara 87 (PDF)Lembrade que a partir do 14 de xullo estaremos de vacacións de verán até finais de agosto, se queredes facer algunha xestión na Secretaría do Club aproveitade esta semana. Seguiremos contestando ao correo electrónico, e a partires de mediados de agosto abriremos a inscrición para a Marcha das Terras de Cedeira

Por outra banda queremos compartir este folleto dunha aventura (a primeira internacional de membros do club) na que participaron os desaparecidos irmáns Casal en 1987, agora que cúmprense 30 anos daquela pequena xesta que foi ir ao Sahara nun Ford Fiesta. Unha excelente e evocadora lectura para o verán.

DESCARGAR «EXPEDICIÓN SAHARA 87» (PDF)