ActividadesNoticiasSendeirismo

O DIA 1 DE NOVO ABERTOS

 Despois doutra celebración da Batalla de Brión, pasada polo Covid, imos ó noso.

A partires do 1 abrimolo local de novo no horario habitual de 19.30 a 21.30, cas medidas propias da situación COVID, en cada momento.

Estamos pensando nun feixe de actividades de aqui a fin de ano. Empezaremos como sempre en setembro cunha rutiña de pola maña en Cedeira rememorando aqueles 40kms , que hoxendia non se poderían facer porque o concello escenqueuse de limpar os camiños, e os compañeiros están fartos de andar ca fouciña no coche, e por mias que llo explicas os municipes…non hai xeito.

Pensamos retomar a esclada no rocodromo, pero iremos pouco a pouco. E pensamos en que se poderían organizar saida para coñecer as instalacions de Coruña, Santiago e Lugo .

Quedounos pendente rematar o tema de inciación a orientación de montaña.

En fin a ver que nos dexia facer a autoridade competente. Paso a paso que é o noso