Noticias

NOVAS ACTIVIDADES NO ROCÓDROMO DA MALATA

Aproveitando a dispoñibilidade do novo panel no rocódromo municipal, principiamos unha serie de actividades de dinamización desta instalación, tanto para neófitos da escalada como para aqueles que xa participabades nas actividades periódicas.

  1. Martes 20 de abril. Iniciación
    • Iniciación. Actividade para soci@s, federad@s maiores de idade.
    • Horario: de 17.00 a 19.00 horas.
    • Inscrición: aberta ata o luns 19 de abril (salvo que se esgoten as prazas).
    • 6 prazas.
    • Cota: de balde.
  2. Mércores 21 de abril. Xornada de Portas Abertas
    • Portas Abertas para soci@s e non socios, adultos e nen@s (a partir de 4 anos de idade).
    • Horario: en quendas de 19.00 a 20.00 horas, e de 20.00 a 21.00 horas.
    • Inscrición: aberta ata o luns 19 de abril (salvo que se esgoten as prazas).
    • Cota: de balde para soci@s federados, para soci@s adultos non federados: 3€; non socios: 6€; nen@s: de balde.
  3. Mércores. Taller de Escalada
    • Retomando o tema que tiñamos anteriormente, para soci@s federad@s que xa teñan coñecementos. Sería fixo un día á semana (non hai actividade de Taller de Escalada a semana que hai Xornadas de Portas Abertas).
    • Horario: de 17.00 a 21.00 horas.
    • De 15 anos endiante. É preciso cumplimentar o impreso de participación. Para áis información e conformar grupos, contactade coa Secretaría do Club.

(Nota: Imaxe de portada de arquivo. As actividades desenvólvense aplicando os protocolos de seguridade COVID-19, pregamos a colaboraci@n de tod@s).