Noticias

BATALLA DE BRION: FAI MOITOS ANOS EMPEZAMOS NOS

O venres santo inaugurouse a primeira mostra permanente sobre a Batalla de Brión, nun sitio emblemático e acorde co evento como é a Saa De Cureñas do cuasi-abandonado Castelo de San Felipe.

Dende que recuperamos a data, xunto ca Asociación de Veciños de Brión, alo a fins dos 90, foron 20 anos de Marcha polos Montes de Brión, carteis folletos, facer un sendeiro (prg6) e impulsar o 200 aniversario. O raro e que repente alguen no municipio se pensa que descubre a data e cuasi se obvia todo o traballo feito. E ofreces todas as iniciativas do club…pero pasan de ti.

A Exposición, sinxela e modesta polo menos é un paso. A empresa que a desenvolveu, TRIVIUM, puxose en contacto connosco e mantivemos  moi positivamente, moito intercambio de información, o que agradecemos, e agardamos que lle sirvera de algo.

Animamos a todo o mundo a ir a vela e de paso darse un paseo pola costa. A ver si en agosto podemos celebrar o 200+1 aniversario