NOVIDADES COVID-19: CONDICIÓNS DE APERTURA DO LOCAL

Estimad@s Soci@s,
Desde este venres 5 de febreiro, abriremos o local do Club de Montaña en horario reducido de 16.30 a 18.00 horas só os venres, para aquelas xestións que requiran presencialidade, como sempre, trataremos de levalo o mellor posible entre tod@s para garantir a saúde das persoas, para elo continuamos coas medidas de prevención no acceso ao local social:
  • Só haberá 1 persoa no mostrador do Club (a nosa Secretaría xa contaba cunha mampara acristalada na zona de atención ao público, por mor das novas circunstancias agora a utilizaremos permanentemente como separador hixiénico.
  • A estancia no local do Club será polo tempo mínimo imprescindible para realizar as xestións.
  • Pódese retirar ou devolver material do Club e libros da biblioteca. Todo o material será tratado e quedará apartado para novo préstamo durante alo menos unha semana.
Como sempre, xa sabedes que tedes atención telefónica e por correo electrónico para o que precisedes.
Saúdos! e #QuedaNaCasa
CLUB DE MONTAÑA FERROL