Noticias

O 31 ABRIMOS DE NOVO: CON MASCARILLA

Estimad@s amig@s… a partir do luns 31 estamos de novo abertos, por suposto mantendo todas as medidas de seguridade.

Estancia o menor tempo posible no local, gardando as distancias e con máscara e utilizando xel de base alcólica para as mans sempre.

E falando de máscaras, ei tedes a institucional. Cada soci@ pode recoller unha.

Non temos idea de que actividades imos realizar de aquí a fin de ano. Xa vedes que o panorama cambia cada semana. Desde logo as que precisan de transporte comunitario ímolas desbotar. A ver si logramos facer algunhas que exixan pouco desprazamento e sempre en medios propios.

Seguide pendentes nesta web ou nas redes sociais do club. Grazas!