Noticias

DIRECTIVOS DO CLUB REUNENSE CO CONCELLEIRO

3 directivos do Montaña Ferrol, mantiveron unha reunión co Concelleiro de Deportes, Antonio Golpe.

O repaso á actividade deportiva co panorama COVID, foi un dos aspectos fundamentais. Trasladóuselle os protocolos cos que traballa o Club, transmitidos desde a Federación  Galega de Montaña, aprobados polo SERGAS e a Secretaria  Xeral de Deportes.

Protocolos das diferentes especialidades: escalada,  andainas, carreiras, marcha nórdica etc.

Chegouse ao acordo  de acomodar o de escalada para usuarios do rocódromo, e poder abrilo ao público aínda que sexa de maneira restrinxida á zona de  bulder. Proposta que pasase o Montaña Ferrol, aos técnicos municipais de deportes e seguridade.

De feito por primeira vez en moitos anos o Club Montaña Ferrol, volvía participar na organización da Marcha polos Montes de Brión pois se conmemora o 220 aniversario da batalla contra o desembarco Ínguas.

Actividade que creo o club nos anos 90 e mantivo durante 20, alcanzado no 200 aniversario no ano 2000 o máximo esplendor, deixando despois a testemuña á  AVV de Brión

O club tamén transmitiu a necesidade de reorganizar todas as actividades de aquí a fin de ano, para facelas seguras, redución o uso de transporte en grupo, así como a participación de grupos menos numerosos nas propias actividades, que aínda que son en espazo aberto e é fácil o distanciamento social, non convén baixar a garda en ningunha actividade deportiva.

É por iso que coinciden coa concellería na minoración das subvencións á entidade, de feito a entidade local transmitiu proposta nunha diminución sobre o 50% da mesma, e aínda así non está claro do  trascurso do ano deportivo, polo que podería mesmo ser menos a cantidade total.

E por suposto o tema estrela, é a reactivación da posta en funcionamento do rocódromo unha vez que se pechou fai máis dun ano por problemas técnicos.

O concelleiro comprometeuse a dar pasos no mes seguinte para tentar ter a posibilidade da reapertura cara a  fine de ano se a situación non empeora.

A entidade local, xa presentou varios orzamentos de empresas especializadas, co fin de dotar ao rocódromo dunha nova parede escalable homologada ás novas normativas.

Ambos acordaron manter, ao longo de agosto e setembro o contacto para tentar que isto chegue a bo fin