NOVIDADES COVID-19: CONDICIÓNS DE APERTURA DO LOCAL

Estimad@s Soci@s,
Desde este luns 18 de maio abriremos de novo o local do Club de Montaña no horario e días habituais: luns, mércores e venres de 19.30 a 21.30 horas. Será unha nota etapa un tanto diferente, pero trataremos de levalo o mellor posible entre tod@s.
Debido á situación en que nos atopamos e para beneficio da saúde de todas as persoas que fagan acto de presenza nas instalacións, tomaremos unha serie de medidas:
  • Só haberá 1 persoa no mostrador do Club (a nosa Secretaría xa contaba cunha mampara acristalada na zona de atención ao público, por mor das novas circunstancias agora a utilizaremos permanentemente como separador hixiénico.
  • A estancia no local do Club será polo tempo mínimo imprescindible para realizar as xestións.
  • Pódese retirar ou devolver material do Club e libros da biblioteca. Todo o material será tratado e quedará apartado para novo préstamo durante alo menos unha semana.
Como sempre, xa sabedes que tedes atención telefónica e por correo electrónico para o que precisedes.
Saúdos! e #QuedaNaCasa
CLUB DE MONTAÑA FERROL