O MELLOR DO CAMIÑO A TEIXIDO
O domingo 26 de xaneiro imos desenvolver unha nova actividade de sendeirismo, desta volta probaremos un formato diferente ao que é habitual… a vosa colaboración é imprescindible para ver como resulta!
A idea é facer un percorrido a pé seguindo o trazado do Camiño a Teixido, o mesmo que mantivemos ao longo dos 15 anos que durou a marcha dos 50 km a pé entre Ferrol e Teixido, pero facendo tramos discontinuos, para evitar as zonas máis degradadas do camiño, concentrándonos naquelas partes máis agradecidas para camiñar e para deter a botar unha ollada aos lugares de interese que hai nesta ruta.
En total serán catro tramos antes de comer, que iremos enlazando co bus. Despois da parada para a comida, faremos o tramo entre Candales e Teixido, onde estará o bus para regresar a Ferrol.
Tedes as estimacións de tempos e a descrición dos tramos neste arquivo (PDF)
- A distancia total dos tramos serán uns 23.6 km
- Hora de saída: 09.00h
- Lugar de saída: rúa Navegantes (Fronte o Instituto de Canido)
- A data última de inscrición o 22/01 (soci@s federados o 24/01 se quedan prazas)
- Límite de prazas: 50
Cuotas*:
- Soci@s anteriores a 30/12/2019 e federados: 10€
- Soci@s anteriores a 30/12/2019 e non federados: 13€
- Soci@s despois do 30/12/2019: federados 18€
- Soci@s despois do 30/12/2019 e non federados: 21€
- Non socios: 27€
*Se se aboan no bus, terán un incremento de 2€