ActividadesNoticias

REUNIONS CON CONCELLERÍAS – ROCÓDROMO

A semana pasada mantiveronse xuntanzas coas concelleiras de Turismo e Medioambiente,  Mayte Deus e Ana Lamas, sobre todo para presentarnos e que coñezan de primeira man as actividades que durante anos levamos facendo neses eidos. No caso de Turismo todo o material que levamos feito de carácter promocional e sobre todo o proxecto de relanzar o Sendeiro da Batalla de Brión cara o seu 220 aniversario.

Co Concelleiro de Deportes, Antonio Golpe, analizouse as posibilidades futuras do rócodromo, quedamos en aportar propostas de empresas a maiores que podan retomar a instalación, e hai un certo compromiso de que, no ano que vén, se poida poñer en marcha de novo a instalación a máximo rendimento.

Así que, aí estamos.