ActividadesNoticiasSendeirismo

ANDAINA DE MAÑÁ POLAS FRAGAS DO EUME

No noso calendario anual de actividades tiñamos programada para o domingo 10 de novembro unha andaina polas Fragas de Outono… pero os imprevistos, como esta nova convocatoria electoral a nivel estatal, fixeron que lle deamos unha volta á actividade para facela só de mañá, e perto da casa, para que non teñades problema para chegar a tempo de cumprir co deber cívico.

A idea e camiñar un pouco pola contorna das Fragas do Eume e desfrutar co outuno na fraga.

  • A dificultade é baixa e o esforzo baixo.
  • A distancia serán uns 8 km aprox.
  • Hora de saída: 10.00 h (lugar a confirmar)

IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN PREVIA