Noticias

O MONTAÑA FERROL SAE A RECIBIR EN MUXIA A IRUNGO MENDIZALEAK

O 12 de outubro remata en Fisterra, unha idea que naceu nos Montañeiros vascos de Irun (Irungo mendizaleak):  Todala costa Cantábrica dende Baiona, ate ó cabo de Fisterra xa no Atlántico.

8 anos de proxecto, que no principio foi a idea de percorrer só a costa do Pais Vasco,  pero que foiselles das maus.

O proxecto dirixido por Joxan  Arriola, e coordinado sobre o terreno por Belxi, Pepito y Katxo, levoulles a percorrer cada domingo a costa vasca e a cántabra, para seguir os fins de seman atravesando Asturies, ate estos derradeiros 4 anos, que xa en Ribadeo,  organizaronno de seman en seman

Fai 4 anos, Ribadeo – O Barqueiro, levoulles a contactar co Club Montaña Ferrol  para deseñar as 7 etapas da costa dende o Barqueiro ate Mugardos facendo base en Ferrol, etapas que se realizaron con grande éxito no 2017, indose da comarca de Ortegal – Ferrolterra cunha grande sensación, sendo acompañados en varios tramos por membros do club local.

O 2018, os levou dende Mugardos, onde foron recibidos por Xan Ramírez, pte, do Montaña Ferrol, ate Malpica. E este ano cunha participación de 60 camiñantes, xa na Ruta dos Faros, ate Fisterra. ( http://irungomendizaleak.com/informacion-viaje-a-galizia-2019/)

A MuxÍa foron o xoves  10 a  felicitalos polo inminente final, Luciano Leira, socio de Honra do Montaña Ferrol, e Xan Ramírez presidente do club, cun ambientazo montañeiro, de xúbilo pola grandiosidade do proxecto e o iramanamento entre os dous clubs tan distantes en kms, pero tan achegados como corresponde o deporte do montañismo. Os montañeiros de Irún, animan ó Montaña Ferrol,  a “devolvela visita”, facendo o camio á inversa, pero proxectos desta magnitude son complicados de levalos a cabo e mantelos no tempo