ActividadesNoticiasRaids e Orientación

INICIACIÓN Á ORIENTACIÓN NO PARQUE RAÍÑA SOFÍA

Trala exitosa xornada celebrada en A Malata, @s compañeir@s da sección de Orientación propoñen un novo reto, desta volta será o domingo 24 de marzo, onde terás ocasión de iniciarte no deporte da Orientación só, ou en compaña, nunha modalidade que pode ser practicada por xente de todas as idades.

Será no grande parque urbano do centro de Ferrol, no Raíña Sofía, onde -e co permiso dos pavos reais- comezaremos coas saídas desde as 09.30 horas até as 12.30h. Sáese progresivamente, segundo van chegando as persoas inscritas.

Haberá itinerarios para todos os gustos, con tres percorridos: Curto (infantil), Medio (Adultos) , e Longo (Adestramento).

É MOI IMPORTANTE FORMALIZAR A INSCRICIÓN ANTES DO 21 DE MARZO APORTANDO OS SEGUINTES DATOS:

  • Nome
  • Apelidos (completos)
  • Data de nacemento
  • Número de DNI
  • Itinerario escollido
  • Correo electrónico de contacto

Soci@s de balde, non soci@s: 3€

Máis info e contacto  para a inscrición

Ficha da actividade na web da FEGADO