EscaladaNoticias

TRÁMITE PARA O ACCESO AO ROCÓDROMO

Para os soci@s usuarios do Rocódromo municipal: lembramos que, atendendo á petición do club, o Concello está a realizar o trámite para poñer en funcionamento o novo sistema de control de acceso ás instalacións do rocódromo de A Malata.

En breve deixará de funcionar o sistema actual de “listaxe” e só poderán acceder ás instalacións as persoas que teñan a nova tarxeta. Para poder facilitar o trámite é preciso que remitades a seguinte documentación á Secretaría do club:

  1. Solicitude de acceso ao rocódromo 2019 (PDF) cumplimentada e asinada na última folla.
  2. Fotocopia do documento de identidade.
  3. Fotografía tamaño carné.