XORNADA DE INICIACIÓN Á ORIENTACIÓN EN A MALATA

O Club de Montaña Ferrol organiza unha xornada de iniciación á orientación o vindeiro domingo 17 de febreiro entre as 9:30 e as 12:30 na Malata, na zona exterior do Rocódromo.

Haberá tres percorridos: curto (infantil) medio (adultos) e longo (adestramento)

Cómpre inscribirse previamente antes do 13 de febreiro remitindo os seguintes datos:

  • nome e apelidos completos,
  • data de nacemento,
  • número do DNI
  • percorrido escollido (curto-infantil, medio-adultos, ou longo-adestramento).

Actividade de balde para soci@s do club. Non socios: 3€

Inscricións na Secretaría do club ou no correo electrónico: secretariacmf@gmail.com