ActividadesNoticias

FOTOS DO 1 DE XANEIRO E OBXECTIVO SOLIDARIO

Como todos os anos, xa temos as fotos da Marcha de Aninovo no blog Un de Xaneiro, este ano o recadado coa friameira solidaria que puxemos á vosa disposición no local da AVV da Cabana namentres tomabamos os callos que preparou o restaurante El Gallo, máis o 0,7% das nosas cotas de soci@s, van integramente para os proxectos de Médicos Sen Fronteiras na República Democrática do Congo, e máis concretamenta nas actividades que desenvolven nas montañas do Rwenzori.

No reconto final do recadado quedou así a cousa:

  • CALLOS 1 XANEIRO, 378,45€
  • 0’7% COTAS SOCI@S, 85€
  • FRIAMEIRA SOLIDARIA NO LOCAL DO CLUB, 40,05€

TOTAL MSF 2019 = 503,5 euros.

Se queredes colaborar aínda podedes facelo facendo a vosa doazón na web de MSF.

Picando na imaxe tedes acceso á galería de fotos: