PECHASE O CICLO ELECTORAL NA FEDERACION DE MONTAÑA

 O sábado pola maña, con presencia do Club Montaña Ferrol, como membro da Asamblea Xeral da federación, tivo lugar o nomeamento do único candidato a  presidir a Federación, Adolfo Puch,

O Club tamén entrou dentro dos 6 compoñentes da comisión Delegada que se encarga de facer seguimento dos temas mais importantes cara as Asambleas. Se ben  hai moitas  cousas que se poden facer mellor, como en todo, hai que recoñecer que a FGM, nos derradeiros anos subeu en número de licenzas, de clubes e actividades, tanto propias como as formativas de Escola Galega de Alta Montaña. E de agardar que os vinderios 4 anos, sexan tamén fructiferos para o noso deporte