ActividadesNoticiasSendeirismo

XA ESTAN AQUÍ DE NOVO OS COMPAS DE IRÚN

Hai un ano os integrantes do grupo de montaña Irungo Mendizaleak desembarcaban na comarca para percorrer a nosa costa, e quedaron ben encantados e así o deixaron plasmado neste vídeo.

Para este 2018 prepararon 8 etapas a súa segunda parte da costa galega, e comezan onde o deixaron o ano pasado tras chegar a Ferrol.

A primeira etapa tivo lugar este domingo, con saída desde Mugardos, onde foron recibidos polo presidente do Club, para encetar a andaina ás 9.30 nun percorrido que levounos até Redes, tras paras por A Palma, Chanteiro, Cervás e Ares.

As seguintes etapas nesta semana, e coa información trasladada desde o noso club nun percorrido preparatorio que fixeron en maio, serán Redes–Ponte do Porco, Ponte do Porco–Lorbé, Lorbé–Ría do Burgo, A Coruña–Arteixo, Baldaio–Malpica e Malpica–Niñóns, onde rematarán este ano… que teñades unha boa camiñada!

Planning do trekking Galicia 2018 de Irungo Mendizaleak (PDF)