ActividadesFotografía

Iniciación á fotografía: Belelle

Continuamos co tema da iniciación á fotografía, o domingo 15 de abril temos outra saída. Desta volta xogaremos coa auga e o “efecto seda”, e cos “barridos” de imaxe. Todo elo aproveitando a magnífica contorna do río Belelle para ambientarnos antes do XIII Descenso do Belelle que organizamos o día 21.

A idea e facer unha andaina a baixo ritmo saíndo do Pazo de Isabel II no lugar do Roxal (Neda) para ir até a Fervenza do Belelle e se hai tempo ao miradoiro de Viladonelle.

Non é necesario ter coñecementos previos nin ter asistido a anteriores sesións. Só hai que levar unha cámara (a do móbil, unha compacta, a reflex). Se tedes trípode traédeo tamén.

Hora de saída: 10.00h (remate antes das 14:00h)
Lugar de saída: Pazo de Isabel II (O Roxal)
Límite de participantes: 15 persoas
Distancia: 3-5 km aprox.
IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN PREVIA. Soci@s de balde.